Baremacións provisionais listaxe auxiliares administrativos

No salón de Plenos do Concello de Ourense, sito na Praza Maior n.º 1, sendo ás 10:00 do día 02/12/2021, reuniuse o Tribunal Cualificador para a confección das listaxes de auxiliar administrativo do Consello Municipal de Deportes coas baremacións provisionais, e por en coñecemento dos membros as incidencias detectadas no proceso, para a selección de funcionarios interinos para eventuais contratacións segundo se reflicte nas bases aprobadas mediante Decreto da Presidencia N.º 00026-2021 de data 23.02.2021.

Pode consultar a dita lista no taboleiro de anuncios da sede electrónica e no espazo denominado: Listas de Contratación, na marxe esquerda da páxina principal da web.