Clubs e entidades deportivas poderán empezar os adestramentos a partir do 21 de setembro

VOLTA OS ADESTRAMENTOS DESDE O 21 DE SETEMBRO

 
Todos os clubs/entidades deportivas poderán empezar os adestramentos a partir do 21 de setembro de 2020 no horario especificado no calendario do CMD.
 
Será necesario achegar por sede electrónica, con carácter previo ao inicio dos adestramentos, a seguinte documentación:
 
? Equipos que compitan en categoría nacional (pode haber contacto físico nos adestramentos):
 
▶️ Declaración responsable CMD [Declaración responsable COVID-19]
▶️ Protocolo federativo aprobado pola SXD da Xunta de Galicia.
▶️ Adaptación do protocolo federativo á instalación empregada para os adestramentos aprobada pola SXD da Xunta de Galicia.
 
? Equipos de categoría autonómica ou inferior (sen contacto físico):
 
▶️ Declaración responsable CMD [Declaración responsable COVID-19]
▶️ Protocolo federativo aprobado pola SXD da Xunta de Galicia.
▶️ Adaptación do protocolo federativo á instalación empregada para os adestramentos.