CONCESION PROVISIONAL DE INSTALACIONS DEPORTIVAS DO CMD TEMPADA 2018/19

Achégase relación provisional de concesión de instalacións deportivas municipais xestionadas polo CMD para a tempada 2018/2019.

Segundo o recollido no regulamento de IDM, “aos clubs ou entidades deportivas que, logo da aplicación dos devanditos criterios, se lles conceda unha instalación deportiva determinada, deberán confirmar o horario concedido, nunha primeira fase provisional. Posteriormente, unha vez estudadas as posibles reclamacións pasaranse a unha segunda e definitiva fase, no que a entidade deportiva deberá formalizar un convenio para a concesión do horario de adestramento. Esta concesión terá vixencia ata o 31 de maio”.
Feita esta primeira concesión provisional, ábrese un período de posibles alegacións á mesma, ata o 14 de setembro de 2018. De non existiren alegacións, entenderase aceptada a concesión. Resoltas as alegacións, esta pasará a ser definitiva o 1 de outubro de 2.018, momento no que entran en vigor os convenios de concesión por tempada.
Para a consulta dos cuadrantes por instalación pinchar aquí.