Copa Galicia Waterpolo

A Copa Galicia de Waterpolo 2016 en Ourense

O día 1 de xuño presentouse, no Salón de Plenos do Concello de Ourense, a Copa Galicia de Waterpolo que se disputará o vindeiro 4 de xuño na Piscina Rosario Dueñas do Pavillón dos deportes Os Remedios
O horario da competición é de 16:00 a 21:00 e a final está prevista ás 20:00 horas.

Os equipos participantes son: Real Club Náutico de Vigo, Club Natación Coruña, Club Waterpolo Santiago, Club Waterpolo Pontevedra, Club Waterpolo Pabellón Ourense, organizador do evento por segundo ano consecutivo.
O equipo que defende o título é o Club Natación Coruña que, o pasado ano venceu na final ao CW Pontevedra por 11 a 10.
Ademais, hai que sinalar que este mes de maio o Club Natación Coruña se proclamou campión da liga 2015 -2016 na final a tres partidos contra o CW Pontevedra. Estes dous equipos son os claros favoritos para o triunfo final”.