Correndo por Ourense 2015

O CMD organiza coa colaboración do Colexio Divino Maestro, o Club Esprintes Ourense, a Delegación Ourensana de Atletismo, o Club Ourense, o Club Deportivo Aurum e a Asociación de Veciños Carlasca, o V Circuíto de Carreiras Populares de Ourense “Correndo por Ourense” en diferentes localizacións do Concello de Ourense.

Data e Lugar
O Circuíto “Correndo por Ourense” está integrado por 6 carreiras:
1ª DOMINGO 26/04/2015 CARREIRA DO VINTEÚN
2ª SÁBADO 30/05/2015 CARREIRA DO COUTO
3ª DOMINGO 28/06/2015 CARREIRA DO CENTRO
4ª DOMINGO 6/09/2015 CARREIRA DA PONTE
5ª DOMINGO 27/09/2015 CARREIRA DA ZONA UNIVERSITARIA
6ª DOMINGO 25/10/2015 CARREIRA DA CARBALLEIRA

Estas probas pertencen ó calendario da Federación Galega de Atletismo e estará controlada polo Comité Galego de Xuíces e Cronometradores da FGA (Delegación de Ourense).
É preciso participar en 5 carreiras para entrar na clasificación xeral ou, en caso de participar en todas, desestimarase o peor resultado.

Participantes
As categorías son as seguintes:
PITUFOS 2009 E POSTERIORES
BENXAMÍN 2006 / 2007 / 2008
ALEVÍN 2004 / 2005
INFANTIL 2002 / 2003
CADETE 2000 / 2001
JUVENIL 1998 / 1999
JUNIOR 1996 / 1997
PROMESA 1993 / 1994 / 1995
SENIOR 1992 E ANTERIORES ATA VETERANOS
VETERANOS A DE 35 A 44 anos
VETERANOS B DE 45 A 54 anos
VETERANOS C DE 55 A 64 anos
VETERANOS D MAIORES DE 65

Inscrición
As inscricións realizaranse aquí facendo constar todos os datos requiridos no procedemento de inscrición.
É imprescindible estar inscrito para ter cobertura dos seguros de RC e de accidentes.
O prazo para inscribirse no Circuíto para todos os participantes comeza o día 8 de abril e remata o mércores anterior a cada carreira, volvéndose abrir o luns seguinte a cada proba.

A inscrición para a primeira carreira do circuíto na que se inscriba ten un custe de 7€ para as categorías junior, promesa, senior e veteranos, para as demais categorías será gratuíta. Todas as demais carreiras do Circuíto nas que participe son gratuítas.
Unha vez realizada a inscrición non se devolverá o seu importe.

A inscrición e o dorsal serán únicos para todo o Circuíto, por tanto, o atleta debe conservar o dorsal en boas condicións. Deste xeito os atletas inscritos nalgunha carreira do Circuíto quedan automáticamente inscritos para todas as restantes.