Correndo por ourense 2017

O CMD organiza coa colaboración do Colexio Divino Maestro, o Club Esprintes Ourense, a Delegación Ourensana de Atletismo, o Club Ourense, o Club Deportivo Aurum e a Asociación de Veciños Carlasca, o VII Circuíto de Carreiras Populares de Ourense “Correndo X Ourense” en diferentes localizacións do Concello de Ourense.

Data e Lugar
O Circuíto “Correndo X Ourense” está integrado por 6 carreiras:
1ª DOMINGO 23/4/2017 CARREIRA DO VINTEÚN
2ª SÁBADO 27/5/2017 CARREIRA DO COUTO
3ª DOMINGO 25/6/2017 CARREIRA DO CENTRO
4ª DOMINGO 3/9/2017 CARREIRA DA ZONA UNIVERSITARIA

5ª DOMINGO 24/9/2017 CARREIRA DA PONTE
6ª DOMINGO 22/10/2017 CARREIRA DA CARBALLEIRA

Estas probas pertencen ó calendario da Federación Galega de Atletismo e estará controlada polo Comité Galego de Xuíces e Cronometradores da FGA (Delegación de Ourense).
É preciso participar en 5 carreiras para entrar na clasificación xeral ou, en caso de participar en todas, desestimarase o peor resultado.

Inscrición
As inscricións realizaranse aquí facendo constar todos os datos requiridos no procedemento de inscrición.
É imprescindible estar inscrito para ter cobertura dos seguros de RC e de accidentes.
O prazo para inscribirse no Circuíto para todos os participantes comeza o día 16 de Marzo e remata o mércores anterior a cada carreira, volvéndose abrir o luns seguinte a cada proba.

A inscrición para a primeira carreira do circuíto na que se inscriba ten un custe de 7€ para as categorías junior, promesa, senior e veteranos, para as demais categorías será gratuíta. Todas as demais carreiras do Circuíto nas que participe son gratuítas.
Unha vez realizada a inscrición non se devolverá o seu importe.

A inscrición e o dorsal serán únicos para todo o Circuíto, por tanto, o atleta debe conservar o dorsal en boas condicións. Deste xeito os atletas inscritos nalgunha carreira do Circuíto quedan automáticamente inscritos para todas as restantes.