Entrega de premios aos colexios participantes na XXXVIII Carreira Pedestre Popular do San Martiño 14

Previous Image
Next Image

info heading

info content


Finalizada a XXXVIII edición da Carreira Pedestre Popular do San Martiño, celebrada o día 16 de novembro e, gracias a miles de ourensáns e ourensás anónimos e anónimas, foi superado o mellor exame ao que se pode someter este evento: a participación crecente ano tras ano.

O día 10 de decembro, nas instalacións do Pavillón dos Remedios, o Consello Municipal de Deportes agradeceu a presenza neste evento dos alumnos e alumnas de tódolos centros educativos que contribuíron á grandeza e prestixio desta proba que transcende o ámbito deportivo. No acto celebrado, o concelleiro de deportes, Alfonso Vilachá, non desaproveitou a oportunidade de agradecer de forma pública esta colaboración fundamental no desenvolvemento e funcionamento deste gran evento deportivo que garante ano tras ano unha concorrencia masiva de participantes en idade escolar.

Tras o discurso de agradecemento procedeuse á entrega dos cheques para material deportivo aos representantes dos colexios premiados.