Exposición fotográfica montañismo no Pavillon dos Remedios

Previous Image
Next Image

info heading

info content


Hoxe venres día 14 de febreiro terá lugar a presentación da exposición fotográfica “Donde la montaña nos hace libres” (Alpes 2013), colección de 15 fotografias que poderánse ver nos pasillos do Pavillón Municipal dos Remedios  dende o mesmo dia da presentación ata o vindeiro 14 de marzo.

Estas fotografías foron tomadas no parque Nacional francés de Ecrins no verán de 2013, por tres montañistas ourensás do Clube de alpinismo Ourensán,  Victor Barro Casal, Ernesto Fernandez e Alfonso González. Con elas e a súa experiencia queren exaltar os valores deportivos que se viven nun escenario como o que propicia a montaña e fomentar a súa práctica para chegar a coñecerse a un mesmo.

Ademais da exposición fotográfica terán lugar una serie de actividades o longo da próxima semana,o mércores as 20 horas charla “Amanece sobre Seracs” percorrido dos principais lugares onde iniciarse na montaña e a escalada no entorno de Ourense e a presentación audiovisual da expedición dos Alpes, e o domingo 23 de febreiro realizaráse unha ruta de montaña: “O quilómetro vertical”, aberta a todas aquelas persoas que queiran coñecer as actividades que desenvolve o club alpino ourensán.

Esta historia de montaña e amigos fixose posible gracias a colaboración do Clube Alpino Ourensan, Consello Municipal de Deportes, a Concelleria de Deportes de Ourense, a tenda de montaña K2 e a Organización Amigos de la Tierra.