Melloras na bancada do campo Miguel Angel

Dende a mañá de hoxe estanse a colocar os novos bancos no campo de fútbol Miguel Angel do Pavillón dos Remedios.

Arredor de 600 novos asentos que cubrirán a grada cuberta dunha instalación na que hai uns meses renovábase a herba sintética.

Esta actuación, en beneficio dos moitos espectadores que cada semana pasan a presenciar partidos ou adestramentos, nace fruto do convenio firmado entre o Concello de Ourense e a Federación Galega de Fútbol