O Consello Municipal de Deportes investiu un millón de euros na mellora de instalacións da cidade no último ano

  • “Os dous dos grandes obxectivos do CMD sinalados nos seus Estatutos son, por unha banda, a planificación e creación de novas instalacións que atendan ás emerxentes necesidades sociais e deportivas e, e doutra banda, a conservación, reparación, mellora e xestión das instalacións xa existentes, de propiedade municipal”, dixo o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, en rolda de prensa.

  • Na sesión desta mañá da xunta de goberno local aprobáronse, ademais, un total de 27 asuntos achegados polas diferentes concellerías e servizos municipais.

O Consello Municipal de Deportes (CMD) investiu no último ano, na creación e mellora das instalacións deportivas da cidade de Ourense, un total de 998.400 euros. Así o sinala un informe entregado esta mañá na xunta de goberno local pola Concellería de Deportes, e no que “non está incluídos nin valorados os traballos e investimentos de mantemento diario, que son efectuados polo propio persoal do CMD”, sinalaba o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, na rolda de prensa posterior á xunta.

“Os dous dos grandes obxectivos do CMD sinalados nos seus Estatutos son, por unha banda, a planificación e creación de novas instalacións que atendan ás emerxentes necesidades sociais e deportivas e, e doutra banda, a conservación, reparación, mellora e xestión das instalacións deportivo-recreativas, xa existentes, de propiedade municipal”, lembrou o rexedor. E é que o CMD xestiona 23 instalacións deportivas de xeito directo con uso diario moi elevado por parte das distintas entidades deportivas, o que leva tamén a un desgaste elevado das instalacións.

O compromiso que o CMD mantivo durante o último ano na procura da conservación e mellora das distintas infraestruturas deportivas municipais tradúcese nas seguintes actuacións:

  • Complexo deportivo de Os Remedios. Actuouse na reforma integral do Pavillón Anexo, con novas gradas, chan, iluminación e calefacción. Substituíuse o céspede artificial e instalouse un novo sistema de campo de fútbol 11. Tamén se fixeron reformas no peche das canchas exteriores do complexo. En total, o investimento foi de 486.300 €.

  • Complexo deportivo de Oira. Substitución do céspede artificial e instalación dun novo sistema de rego no campo de Fútbol 11. Acondicionamento dun espazo para traballar o quecemento e adestramento para porteiros. Acondicionamento e mellora das piscinas de Oira, e intervención en materia de acccesibilidade, instalando unha nova rampa de acceso para persoas con discapacidade. Para un total de 269.500 €.

  • Eficiencia enerxética. Neste eido, substituíronse as luminarias por outras máis eficientes en materia enerxética en varias instalacións, especialmente no Pavillón dos Remedios. Investíronse 40.000 €.

  • Campos te fútbol e Hoquei. En colaboración coa Deputación, actuouse sobre os campos de Fútbol de Palmés, Vilar e Seixalbo na reforma do terreo de xogo. No Campo de Santa Cruz, tamén con apoio da Deputación, instaláronse as novas gradas. E no campo de Velle de Hoquei de Mariñamansa, realizáronse actuacións de mantemento. En total, foron 187.050 € de investimento.

  • Canchas ao aire libre nos barrios. Reposición do peche de madeira na cancha de Fútbol 5 do Parque Barbaña e actuacións de reparación e mantemento no resto de parques da cidade. 15.550 €.

O resultado total destas actuacións ascende a 998.400 €