O Pavillón de Deportes dos Remedios reabrirá as súas portas o luns 1 de marzo

  • Manterase o horario habitual e sen cita previa, pero respectando o límite de aforo do 50%

O Pavillón de Deportes de Os Remedios volverá abrir as súas portas a partir do día 1 de marzo no seu horario habitual. Non será preciso sacar cita previa, salvo nas actividades dirixidas,  pero o aforo estará limitado segundo indiquen as normas sanitarias ditadas pola Xunta de Galicia que, nestes momentos, é do 50%, tanto no interior da instalación como en cada un dos espazos deportivos.

Os usuarios que queiran facer uso das instalacións terán que activar as súas tarxetas a través da páxina web do Consello Municipal de Deportes, www.ourensedeportes.com, ou a través do enderezo de correo electrónico: info@deportesourense.com

O protocolo de uso das instalacións, neste novo período de apertura, comunicarase oficialmente cando se dispoña da norma legal que así o ampare, pendente a día de hoxe de publicación.