Piscinas de verán

Piscinas exteriores de Oira

O vindeiro sábado día 11 de xuño ábrense as piscinas exteriores de Oira. O horario de apertura será de 11:00 a 21:00 horas. O acceso a estas instalacións é libre e gratuito.
Estes recintos, para o seu acondicionamento, levan semanas de traballos. Traballos que se viron retrasadas polas últimas crecidas do río no mes de maio. Para súa reparación e acondicionamento realizouse unha inversión duns 20.000,00 euros. Esta inversión foi dirixida a:
> Pintado de vasos
> Restauración do equipamento de depuración, pois aínda que parte destes equipamentos retíranse o habítaculo de depuración asolágase afectando os filtros e conducións.
> Traballos de albanelería para colocación de canalóns e losetas.
> Pintado de praias.

Piscina exterior do pavillón dos Remedios

Rematados os traballos de acondicionamento, o vindeiro luns día 13 de xuño ábrense a piscina e solárium exterior do Pavillón dos Remedios, ó lado da piscina Rosario Dueñas.
Para acceder a estas instalacións, ó igual que o resto da instalación, hai que estar en posesión dun abono de acceso.

O horario de apertura, ó igual que os vasos de Oira será de 11:00 a 21:00 horas, de luns a sábado. Os domingos, abrirá de 11:00 a 14:00 horas, salvo nos meses de xullo e agosto.