Revogación parcial bases – Xestor de Administración

Revógase parcialmente o Decreto do Concelleiro Delegado de Recursos Humanos de data 28 de xullo de 2021, con núm. 2021005888, polo que se aprobaron, dendo o punto de vista das competencias de xestión de selección de persoal do Concello de Ourense, e o Decreto do Presidente do Consello Municipal de Deportes de 29 de Xullo de 2021, con núm. 2021-0134, dende o punto de vista das competencias de xestión de selección de persoal do Consello Municipal de Deportes, as bases específicas e a convocatoria do procedemento selectivo para a confección de listaxe de candidatos para o nomeamento de funcionarios interinos para o desempeño de postos de Escala de Administración Xeral, Subescala de Xestión do Concello de Ourense e do Consello Municipal de Deportes, co contido recollido no anexo, no relativo a que cada resposta negativa reste -0,2, mantendo o resto das bases e convocatoria nos seus estrictos termos.