San Martiño 2013, solidaria co Banco de alimentos de Ourense

PRESENTACION CAMPAÑA KILO-METRO
Dentro da Feira do corredor da XXXVII edición da San Martiño 2013, por primeira vez haberá un espazo destinado a SOLIDARIDADE. O Consello Municipal de Deportes en colaboración co Banco de Alimentos de Ourense, organiza unha campaña denominada “Operación KILO-METRO” que se desenvolverá os días 15-16 e 17 de Novembro na Cancha Central do Pavillón dos Remedios.
O nome da campaña xa nos di claramente o que se pretende. Por un lado os atletas teran que esforzarse en recorrer os 10.000 metros dos que consta a carreira e por outro lado entre todos estos atletas, mais a organización, os cidadáns solidarios, empresas, e todo tipos de entidades que desexen colaborar, poder chegar tamén a superar os 10.000 kilos de alimentos para o Banco de Alimentos de Ourense, axudando de este xeito as urxencias alimentarias que se están a pasar na nosa provincia, demostrando que o mundo do deporte tamén é solidario con aqueles que necesitan axuda.
Creemos que si cada un dos corredores participa con un kilo de unha comida non perecedoira teremos logrado o obxectivo xa que a inscrición supera os 10.000 corredores. Lóxicamente, sabemos que hai moitos nenos inscritos, escolares e incluso que haberá xente que aínda que está inscrita non acuda o día da proba, polo que invitamos a todos os ourensanos solidarios a que acudan a participar na campaña e tamén as empresas ou entidades para que poidan facer algún tipo de donación de alimentos.
O número de familias que están a solicitar a axuda do Banco de alimentos de Ourense está a crecer día a día, triplicando o número de solicitudes con respecto o ano 2012, polo que se fai indispensable que demostremos a nosa solidarizade.
Os alimentos deben ser alimentos nutritivos de larga duración, como conservas de pescado, legumes, aceite, leite, galletas, pasta, sal, produtos infantís, etc. e deben entregarse como dixemos na Cancha Central do pavillón dos Remedios.
Na Cancha Central se van a colocar uns carteis o unha pantalla no que se van a ir anotando os kilos de comida conseguidos para que os asistentes vexan tamén o que aporta a súa solidaridade.

¡¡¡¡axuda o Banco de alimentos¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡