Subvencións a entidades deportivas – Subsanación deficiencias

Unha vez rematado o prazo outorgado para a presentación de solicitudes da liña 2 de Subvencións a entidades deportivas, convocadas polo Consello Municipal de Deportes para o ano 2016, en data 02/05/2016, conforme ás bases aprobadas en data 29/04/2016, faise pública a relación de entidades que deben proceder a subsanar ou rectificar a documentación recollida na súa solicitude, xa que non reúnen os requisitos recollidos nas bases da convocatoria e relativos á documentación preceptiva para a súa validación.

Concédese un prazo de 15 días para a subsanación das deficiencias observadas.

De non producirse a subsanación no prazo mencionado, dictarase unha resolución de desetimento da solicitude e se procederá ao seu rquivo sen máis trámites.