Torneo de Primavera de Ximnasia 2013

Previous Image
Next Image

info heading

info content


O vindeiro sábado día 1 de xuño, na Cancha Central do Pavillón dos Remedios, a partires das catro da tarde,  terá lugar o V Torneo de Primavera de ximnasia, organizado polo Club Ximnasia Pavillón e subvencionado polo Consello Municipal de Deportes, Novagalicia Banco e  Excma. Deputación Provincial de Ourense.

Para esta edición, a competición se desenvolverá na modalidade de ximnasia rítmica, debido á dificultade de traslado do material de trampolín, agora fixo no Campo da Feira. Esta ubicación mellorou moito a calidade dos adestramentos dos clubes ourensáns que militan nesta disciplina (Club Ximnasia Pavillón, Club Ximnasia Escola Pavillón e Escola Burgas) e duración dos aparatos, polo que se evita movelos na medida do posible. Tendo en conta ademáis que entre os días 7 e 8 de xuño terá lugar o campionato galego de trampolín, para o que sí é imprescindible este material.

O torneo terá dúas modalidades de competición: conxuntos de nivel promoción-base e individuais federados. Ademáis se completa coa exhibición dos conxuntos de ximnasia rítmica do Club Ximnasia Escola Pavillón e algúns exercicios de grupo (de ximnasia estética, xeral e ballet aplicado á rítmica) a cargo das ximnastas do Club anfitrión.

Nesta edición competirán máis de trescentas ximnastas pertencentes ós seguintes clubes galegos:   As Triscas, Treboada, Apostol Santiago, Maniotas, Ximnasia Arousa, Esquío, Rías Baixas, Vagalume, Escola Pavillón e Club Ximnasia Pavillón.

A competición está oficializada pola Federación Galega de Ximnasia e permitirá disfrutar en Ourense doutro espectáculo ximnástico máis de calidade, coas mellores ximnastas de Galicia, na modalidade individual, e supón unha antesala para os nacionais individuais federados que terán lugar entre os días 20 e 26 de xuño en Valladolid, e para o campionato autonómico de promoción, na modalidade de conxuntos, a celebrar en Ourense o día 15 de xuño.