Entrada en vigor dos novos prezos públicos o 23/01/2015

O Consello Municipal de Deportes informa de que foi aprobada a nova Ordenanza Fiscal de Prezos Públicos e publicada, hoxe, no Boletín Oficial da Provincia; polo tanto, os novos prezos entran en vigor a partir de mañá, venres, día 23 de xaneiro de 2015.

Poden consultar os prezos aquí, ou ben nas oficinas situadas no Pavillón dos Remedios (teléfono 988370539).Tamén pode descargar o pdf que se atopa a continuación deste artigo.