Adxudicadas obras Piscinas de Oira e Pavillón dos Remedios

Foron adxudicadas as obras das piscinas de Oira e da Piscina Pedro Escudero do Pavillón dos Remedios. A continuación expoñemos as carecteríaticas principais de ditas obras:

PISCINA PEDRO ESCUDERO(25 M.)

O proxecto de actuación que se pretende levar a cabo nesta piscina consistirá en dotar o recinto de cunha instalación de climatización do ambiente interior, empregando para iso un sistema de bomba de calor deshumidificadora adaptada en prestacións ás necesidades do local, e con capacidade de control efectivo para manter os valores das constantes termo-higrométricas dentro dos rangos establecidos pola normativa vixente para este tipo de establecementos.

O sistema de climatización estará formado por unha bomba de calordeshumidificadora de tipo aire-aire, en equipo compacto, e un sistema de distribución interior do aire tratado, ida e retorno, en material de aceiro inoxidable, coas súas correspondentes unidades terminais de reixas, difusores e tobeiras.

Piscinas de Oira

O proxecto que se vai levar a cabo refírese á Reforma das piscinas municipais de Oira, situadas no Concello de Ourense, o cal é propietario das instalacións. Trátase dun complexo de piscinas públicas que se usan na tempada de Verán durante un período aproximado de entre 3 e 4 meses.

Esta reforma comprende fundamentalmente, a modificación do vaso da Piscina Infantil. A proposta establece a anulación da existente, que se converte nun espazo de praia-terraza axardinado dentro do ámbito da piscina de maiores, e a construción dunha nova piscina infantil, con características similares ás conocidascomo “piscinas de chapuzadura” nun espazo actualmente axardinado e situado ao sur das actuais piscinas.

Modifícanse, de xeito limitado, e para cumprimento da normativa de sanidade, os vestiarios, pasando a reformar a planta alta deste e a converter a planta baixa en vestiarios. En planta alta, onde se sitúa actualmente un aseo accesible por sexo, este aseo existente convértese en cabina de vestiario accesible. A planta baixa acondiciónase un vestiario.

Esta modificación, que ten por obxecto principal conseguir unha separación física maior entre as dúas piscinas do complexo, implica á súa vez unha serie de cambios e obras “paralelas”, que se describen tamén neste proxecto.

Ambas obras supondrán unha inversión de unhos 300.000 €.