San Silvestre Ourensá 2017

Cartel San Silvestre Ourensá 2017

Despide o ano “”CORRENDO POLO CORAZÓN DE OURENSE”

O Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense ten prevista a organización da II Carreira Popular de San Silvestre, que se celebrará o domingo 31 de decembro de 2017 a partir das 16:00 h. polas rúas da cidade. Percorrido apto para tod@s.

As inscricións realizaranse a través da web www.carreirasgalegas.com, e estarán abertas ata o 27 de decembro de 2017 ás 20:30 horas.

O custo é de 5 euros para as categorías Sub18, Sub20, Sub23, Senior e Máster, e para o resto de categorías será gratuíta. Á finalización haberá cotillón e chocolatada.

E finaliza o ano de maneira solidaria. De xeito voluntario, cada participante poderá facer unha doazón “Dorsal 0” destinada á Cruz Vermella Ourense.

Mais información consultando o Regulamento na web www.carreirasgalegas.com