Torneo Solidario o 27 de Decembro no Pavillón

O vindeiro 27 de Decembro, as 20:00, na Cancha Central do Pavillón dos Remedios, terá lugar a segunda edición do Torneo Solidario de Fútbol sala no que participan membros da vida política e cargos representativos das institucións locais, provincias e autonómicas e  representantes dos medios de comuniciación da nosa cidade. Os equipos do Concello, Deputación, Xunta e Prensa intentarán ofrecer un momento agradable os presentes e mostrar outra imaxe distinta da habitual dos seus compoñentes.

O partido de este ano, ten como obxectivo o conseguir fondos e recoller alimentos para colaborar co banco de alimentos de Ourense, Para asistir o partido ou ben colaborar coa fila “0”, póñense a venta unhas entradas co custo de 3 euros. Tamen se terá acceso as gradas aportando un quilo de alimentos. As entradas pódense mercar no Banco de alimentos de Ourense, e nos organismos que participan no evento.

Haberá sorteo e regalos entre os asistentes o acto.