Publicado no BOP o anuncio do Concurso para a concesión de espazos publicitarios nas instalacións deportivas dependentes do CMD

Publicouse no B.O.P. (nº 54 con data Mércores 7 de maroz de 2018) o anuncio do Concurso para a concesión de espazos publicitarios nas instalacións deportivas dependentes do Consello Municipal de Deportes de Ourense.


O texto publicado queda como segue:

 

Acordo do Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense mediante a cal anúnciase procedemento aberto para a concesión de espazos publicitarios nas instalacións deportivas dependentes do Consello Municipal de Deportes de Ourense.

 

1.- Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consello Municipal de Deportes (CMD).

b) Dependencia que tramita o expediente: Consello Municipal de Deportes (CMD).

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Consello Municipal de Deportes (CMD).

2) Domicilio: Avda. Pardo de Cela, n.º 2.

3) Localidade e código postal: Ourense, 32003.

4) Teléfono: 988 370 539.

5) Telefax: 988 370 727.

6) Correo electrónico: administrador@deportesourense.com

7) Enderezo de internet do perfil do contratante: www.deportesourense.com

8) Data límite de obtención de documentación e información: remate presentación proposición.

d) Número de expediente: 7/2018

2.- Obxecto do contrato:

a) Tipo: concesión administrativa.

b) Descrición: autorizacións de ocupación do espazo de dominio público nas instalacións deportivas do Consello Municipal de Deportes, con elementos de publicidade estática removible, e por medios audiovisuais.

c) División por lotes e número de lotes: non existen lotes.

d) Lugares: A/ Cancha Central Remedios e Campo de Fútbol Miguel Ángel Domicilio: Avda. Pardo de Cela, n.º 2 Localidade e código postal: Ourense, 32003. B/1) Domicilio: Campo de Fútbol 11 e Fútbol 8 de Oira Domicilio: Paseo Praia Fluvial, s/n Localidade e código postal: Ourense,32001. C/ Campo de Fútbol do Seixo Domicilio: Santa Cruz de Arrabaldo Localidade e código postal: Ourense,32593. D/ Campo de Fútbol Monte da Aira Domicilio: Velle Localidade e código postal: Ourense, 32960.

e) Prazo de contratación: tres anos.

f) Admisión de prórroga: se contempla, un ano.

3.- Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterio adxudicación: maior prezo ofertado.

4.- Orzamento base licitación:

a) Orzamento base de licitación: contraprestación económica segundo os mínimos establecidos no punto 4 dos pregos mais o IVE correspondente.

5.- Garantías esixidas: provisional: non. Definitiva 5% do orzamento ofertado.

6.- Requisitos específicos do contratista: non se esixen.

7.- Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 30 días hábiles dende o día seguinte a publicación do BOP deste anuncio.

b) Modalidade de presentación: de acordo coa cláusula 5 do PCAP.